E non sería Entroido..! sen unhas boas sobremesas, por iso dende Infantil ate 2º de E.P. o mércores pola parde adicámolo a facer uns postres deliciosos.
As nenas e nenos de infantil preparamos unhas rosquillas moi sabrosas. Mesturamos con moita precisión leite, aceite, fariña, e despois amasamos moito ate facer moitos aneis, redondiños.. e o resultado... xa o puidestes comprobar.
Estaban ricas, verdade?
As nenas e nenos de 1º de E.P. cociñamos filloas.
Batemos ben os ovos, fariña, leite e despois aos fogóns. Moi importante!! mover axiña a tixola para que a filloa sexa ben redondiña.




E, por último os nenos e nenas de 2º EP preparamos unhas rosquillas de Entroido.
Estamos feitos uns especialistas en repostería. Puxémoslle tanto empeño, que nos saíron rosquillas como churros.
Mirade, mirade...!


No hay comentarios:
Publicar un comentario
A vosa participación tamén é importante....contade!!