O xoves pasado tivemos a visita dun papá, o de Álvaro, que nos veu contar como se festexaba o Nadal nun país que el coñecía ben: Alemaña.
Falounos de cando el tiña a mesma idade que nós e de como celebraban alí estas festas, do Advento, de San Nicolás, dos agasallos que lle deixaban aos nenos e nenas naquel país, do frío e da neve que por estas datas cobre os tellados..
Ademais preparamos unha bebida típica para combatir o frío: ponche.
![]() |
ZUME DE UVA, DE LARANXA, CANELA,CRAVO,AZUCRE.. |
E probamos unhas galletas típicas, que como nos deixou a receita imos tentar facelas na clase para que poidades probalas o día da festa.

![]() |
SAÚDE!! |
" kling glöckchen klingelingeling"
Moitas grazas a Richard por agasallarnos cun anaquiño da túa infancia en Alemaña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
A vosa participación tamén é importante....contade!!