As nosas profes estaban un pouco emocionadas con todo o que nos tiñan preparado.
No de música descubrimos a forma na que os contos poidan ser máis intensos se cabe e de que o noso sentido do oído se agudice......
E....como? pois creamos un conto con música ou fixemos música cun conto.. como máis vos guste.
Con Selene, a profe do obradoiro de inglés, mergullámonos no conto da Carapuchiña Vermella: cantamos, bailamos, pintamos, interpretamos...
Cantas emocións..! e canto traballo..!
Tamén escribimos cartas, coma as de antes! de amor, de amizade, con palabras bonitas e debuxos cheos de cores para as nosas amigas e amigos doutras clases, cos datos moi clariños para que chegara aos seus destinatarios.
E xogamos a ser escritores e ilustradoras do noso propio libro. Gustaralle aos nosos compañeiros e compañeiras!

Foi moi emocionante convertermos por unha tarde en alumnos e alumnas da ESO e BAC para ir á aula de informática. Que maiores nos sentimos utilizando as súas cadeiras e ordenadores!
E que fan os maiores???..pois traballar! A ver: o rato, a pantalla, o procesador.. pero aínda nos quedou tempo para xogar! Podemos volver outro día?
Nos vindeiros martes......moito máis!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
A vosa participación tamén é importante....contade!!