Estas dúas semanas, a de antes e a de despois do día Internacional da Muller, estivemos a refñexionar a partires de difernetes contos, xogos, reflexións nas asembleas...ao redor do papel da Muller nas nosas vidas, a visión que temos da corresponsabilidade ns tarefas cotiás, os xogos e estereotipos que rodean ás nenas polo feito de selo, as diferencias entre xéneros e saíron cousas moi interesantes.
E esto que vos amosamos é unha parte deste proceso dende Infantil ata 2º EP.
Os nenos e nenas de 1º e 2º EI estabamos co rpoxecto sobre o corpo polo que estivemos a observar as diferencias físicas entre homes e mulleres, nenos e nenas e estivemos falando de quen era para cada un de nós a muller máis importante na nosa vida. E...sen ningunha dúbida, para todos nós é a nosa mamá.
Así que, conectado co proxecto do corpo fixemos ás nosas mamás en plastilina con aquelas cousas que caracterizan o seu corpo e ademais acompañámolo dunha tarxetiña na que escribimos "Mamá a muller máis importante, 8 de marzo". Que vos aprecen??
As nenas e nenos de 3º EI centramos a nosa reflexión nas tarefas da casa, intentando plasmar a nosa visión de como están repartidas nun debuxo. E despois de expoñer na asemblea as nosas ideas e pensamentos acordamos cada unha de nós escribir frases coma as que vedes abaixo:








En 1º EP escollemos ás mulleres que nos fan sentir ben, ás importantes para nós, e fixemos unha descrición delas e do por que as escollemos. Como vedes escribimos moito e nos esforzamos moitísimo pois a ocasión o merecía non si?
Canto gozamos celebrando o 8 de Marzo!!! En 2º EP falamos
moito sobre as profesións e chegamos á conclusión de que elas, por se, non
teñen xénero. O bo resultado do seu exercicio depende tan só das gañas, o
interese e o cariño co que nos esforcemos, homes e
mulleres, para desempeñalo.
Tamén traballamos o respecto aos nosos soños e
as nosas metas e para elo apoiámonos no conto “Clementina e Arturo”, dúas
tartarugas que comezan andaina xuntas pero que o seu xeito de compartir e de facerse
feliz non coincidía.
Planificamos o noso final do conto e fixemos
preciosos debuxos para ilustralo. Houbo viaxes, tartarugas revoltosas, grandes
historias de descubrimentos e moitas, moitas doses de ilusión e imaxinación.
Témolo todo exposto no corredor central do
Cole, convidámosvos a que o veñades ver e agardamos que os guste tanto como a
nós facelo.
Ademais destes traballos estas semanas especialmente escollemos lecturas que nos fixesen pensar e replantexarnos moitas cousas como "Olivia y las princesas", "Hay algo más aburrido que una princesa rosa?", "Las princesas también usan botas de montaña" o "Las princesas también se tiran pedos" (este último encantounos) e concluímos a través deles que AS NENAS PODEMOS ESCOLLER O QUE QUEREMOS SER E COMO QUEREMOS ACTUAR, que ser nena non quere dicir asumir roles predeterminados nin ser todas iguais.
E aínda que xa pasou o día....feliz día da Muller a todas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
A vosa participación tamén é importante....contade!!