A tarde do martes da semana de entroido foi moi especial en infantil e 1º 2º de primaria. Non só porque tiñamos obradoiro de maquillaxe senón tamén porque ían compartir con nós esa tarde as familias. Fixéronnos peiteados, pintamos as unllas e enfeitaron as nosas caras ata parecer as personaxes que cada un de nós escollera.
Xa vedes, cada ano as familias se van facendo máis expertas!!!
Que obras de arte non si??
Grazas a todas as mamá e papás por facer esta tarde un chisco máis especial se cabe.
Xa
sabedes que en Galén é importante a vosa colaboración e implicación
nas aulas facendo deste espazo un lugar de encontro e intercambio.
Grazas!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
A vosa participación tamén é importante....contade!!