Como xa sabedes os nenos e nenas de 1º EP hai uns días vivimos unhas xornadas do máis especiais participando na estadía de outono no cole xunto coa Aula da Natureza Trevia. Foron tres días e dúas noites de moitas emocións e moitos descubrimentos na natureza. Contámosvos como foi:
O primeiro día viñeron darnos a benvida a Becada e a Pita do Monte e contáronnos como vivían nos montes de Galicia.
Antes de saír ao bosque recollemos alguhas castañas, que o magosto está á volta da esquina!
Xa estabamos preparadas e preparados para gozar das experiencias que iamos vivir no bosque.
Ollos e oídos ben abertos…...comeza o espectáculo!!
![]() |
orellas de gato... |
![]() |
niños.. |
![]() |
piñas picadas polo peto... |
![]() |
cráneo de cervo.. |
![]() |
unha parella de vacaloura.. |
Pola tarde participamos nunha xincana. Canta enerxía posta na busca de pistas e tratando de resolvelas!
Aínda nos quedaba un obradoiro de cociña con Ana e Alicia onde preparamos unhas madalenas deliciosas. E para rematar o día, unha festa con fogueira e músicos.
![]() |
festa!! |
Hora de levantarse!!! hoxe é un novo día de aventuras!!! vestirse, almorzar e asearse para saír de viaxe cara Avifauna!!
![]() |
Que ben durmimos!! |
Cando chegamos a Avifauna agradábanos Jose que nos presentou aos habitantes do lugar: un casuario, cisnes de pescozo negro, faisáns, flamencos.... e unha cacatúa, que moito nos fixo rir!
![]() |
![]() |
![]() |
Cantas aves!! |
E despois dunha mañá tan aproveitada necesitabamos un bo xantar. Ademais de repoñer forzas puidemos xogar moito en Penas de Rodas. Aquelas pedras deron moito moito xogo.
![]() |
![]() |
![]() |
Empuxade forte, a ver se a tiramos!! |
![]() |
Unha, dúas, tres.. baixamos! |
![]() |
Fantástica!! |
No obradoiro da tarde realizamos un círculo cromático con Ánxela e Conchi.
Bueno…quedarianos alguna cousa que contar….. no cole hai Trasnos!! pero non vos podemos contar nada porque é un segredo!! Se non o credes preguntádelle a Mar e Ana.
Xa non nos quedaba enerxía máis que para ver unha película….e a durmió!!
Iniciamos o último día, despois dun bo almorzo, e con todo o que aprendemos estes días estabamos preparadas e preparados para responder as preguntas que nos facían naquel libriño.
E saímos ao bosque de novo, esta vez para observar os animais máis pequenos que viven cerca de nós e que só podemos ver se agardamos pacientemente a que saian das súas casas.
![]() |
E rematamos a estadía!!! Pasámolo moi ben e gozamos moito, aínda que botamos de menos aos nenos que non puideron estar con nós e a Elia.
E vós familias….como o vivístedes??? Veña contádenos!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
A vosa participación tamén é importante....contade!!