Que ben o estamos a pasar familias!!
Despois dun rico xantar tivemos xogo libre para despois meternos de cheo nos traballos de horta e coidado dos animais. Plantamos unha pradaira e un carballo.

Despois contáronnos o conto do "Carballo con Botas" e fixemos xogos a partir deste tema.

Fixemos uns mouchiños de cartón e esta noite......espéranos unha fermosa aventura adicada especialmente aos noso oídos: imos dar un paseo nocturno polo bosque a ver se identificamos os seus cantares. Que emocionante!!!
Como vedes estamos a vivir experiencias inesquecibles e estamos moi moi a gusto.
Mañá contámosvos como foi a experiencia!!
Boas noites a todas e todos.
Qué bonito é todo. Que granxeiros tan apañadiños. Pasádeo ben. Un biquiño a tod@s.
ResponderEliminar