Este Venres celebramos a tradicional Festa dos Maios.
Como sabedes é unha festa pagana, de orixe prehistórico (castrexos e celtas) que ensalza e celebra o inicio dunha nova estación que pinta os campos de moitas cores, a chegada das boas colleitas, do bo tempo e incluso da fertilidade humana. E seguiron as outra culturas posteriores con esta exaltación da terra : a cultura grega, romana ....ata chegar aos nosos día sobre todo en zonas de Galicia como Pontevedra ou Ourense onde a súa celebración está aínda en auxe.
No cole Galén é unha festa que celebramos todos os anos. Nós facemos normalmente o Maio Cónico, unha estructura con esta forma que decoramos con xestas, fiuncho e fientos que lle dan o fondo verde sobre os que colocamos guirnaldas de flores, de ovos e laranxas tal e como se fixo dende hai xa moitísimos anos en Galicia. Tamén hai Maios con outra formas e incluso o que se coñece como Maio humano, unha persoa que se adornaba e cubría con xestas, fentos e/ou follas e que bailaba ao redor dos músicos e bailaríns.
Era tradicional tamén vestirse de branco (antigamente coa roupa interior formada por pololos-enaguas e camisa ou chambra as mulleres e cirolas e chambra os homes) Nós reproducimos esa tradición de vir de branco e a verdade é que estabamos guapísimas e guapísimos non si??
Segundo a tradición as mulleres, que lles chamaban Maias, enfeitaban as
súas cabezas con coroas de flores e nós, reutilizando material coma
sempre, acordamos facer unhas trenzas adornadas con flores feitas con
papel de revistas para todas e todos.
Os nenos e nenas de Infantil preparamos un Maio cos nenos e nenas de 6º de EP. Xuntos Cantamos, tocamos paus e bailamos de cara ao Maio que entre toda primaria e infantil fixemos. Nós colocámoslles as flores e quedounos ben bonito.
Os nenos e nenas de 1º e 2º de EP tamén enfeitamos o Maio con flores e
cantámoslle unha cantiga e baile xunto cos rapaces e rapazas de 2º de ESO.
En infantil ademais do Maio natural fixemos esta reprodución na aula tamén con material de refugallo intentando representar os elementos característicos: verde de xesta-fiuncho-fientos, flores, laranxas e ovos.
Pasámolo moi ben e gústanos contribuír a que as tradicións propias da nosa cultura sigan vivas e sexamos partícipes delas.