Este trimestre na clase de 2º de Primaria
traballamos no proxecto “O noso Corpo”.
Para axudarnos a investigar viñeron a nai de
Antón e Julio, Chelo e Lidia. Elas mostráronos algo do moito que saben acerca
do tema. Vimos ósos humanos, e comparamos os seus tamaños e formas. Canto
aprendemos e gozamos!! Grazas Lidia, grazas Chelo!! Logo, diseccionamos un
corazón e un pulmón e comprobamos o seu funcionamento.

Sabemos xa que a saúde e a hixiene van parellas. Fíxemos un experimento con caixiñas Petri de cultivos. Un grupo lavou moi ben as máns e otro non. Púxemos os nosos dedos nas placas e ao cabo duns días vemos o que aconteceu. Na caixa “sucia” creceran un montón de bacterias, na outra non. O curioso é que ao cabo doutros pouquiños días na caixa “limpa” tamén empezaron a medrar unhas pequenas manchiñas. Collemos a lupa electrónica e o microscopio e…. Sorpresa!!! Había dous ácaros. Seguimos pois a nosa investigación e aprendemos onde lles gustaba vivir a eses microorganismos, de onde viña o seu nome,… e un sen fin de cousas máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
A vosa participación tamén é importante....contade!!