Por fin chegou Pelusita!!.......que non sabedes quen é Pelusita?
Pois a cobaia que temos na aula os nenos e nenas de 1º de EP. Trouxoa un amigo do cole, Mundo, para que a coidemo durante uns meses.
Os primeiros días tivemos que falar moi baixiño e non a collemos para que se afixera e se sentira segura con nós. Hoxe, por primeira vez, atrevémonos a acariñala e collela no colo. Ao principio estaba un pouco nerviosa... ela e nós tamén!. Notabamos como lle latexaba o corazón mais ao pouco estaba tan contenta que non quería volver para a gaiola.
Os encargados de clase, Carlos e Alejandra, foron buscarlle á cociña unhas follas de leituga e unha mazá e tamén repuxeron a auga.
Estabamos tan contentas e contentos que a nós tamén nos costou moito deixala para iniciar outra actividade.
Agora temos unha nova compañeira de aula á que coidar e atender....será toda unha aventura compartida!
Grazas a Mundo por compartir con nós a Pelusita.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
A vosa participación tamén é importante....contade!!