Xa queda pouco....que ganiñas temos todos e todas de que chegue o gran día.
Si, si, o mércores 29 de maio os nenos e nenas de 3º de Infantil e 1º de Primaria imos de viaxe á Granxa Escola Garabullos.
Para os nenos e nenas de infantil é moi especial pois é a priemira vez que saímos tres días e ademais lonxe do entorno coñecido: o cole.
Para os nenos e nenas de 1º de primaria é tamén especial pois contamos xa coa experiencia de irnos tres días, somos os maiores da aventura peeero, imos a un lugar novo para todos e todas...que emoción!!
De seguro será unha vivencia moi moi intensa e estamos con moitísimas ganas de que chegue o gran día.
Deixámosvos a continuación unha presentación na que resummimos a onde imos, cales son os obxectivos, que imos facer eses tres días e tamén a lista de cousiñas que temos que preparar na maleta.
E...xa vos iremos contando ao longo dos días o que estamos a vivir. Será a través deste blog onde poderedes atopar o seguemento día a día e esperamos tamén que poidamos colgar algunhas fotiños.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
A vosa participación tamén é importante....contade!!