Xa sabemos que moitos de vós estabades xa esperando novas a través do blog e...pedimos disculpas por esta tardanza pero entre os preparativos nas aulas, os recibimentos e o intenso dos primeiros días non puidemos inicialo antes.
Aquí estamos un ano máis, famillias, mestres, nenos e nenas iniciando un novo curso con moitas ilusións, expectativas e proxectos. Dende aquí damos tamén a benvida ás novas familias de 1º EI e darvos a todos e todas as grazas por seguir confiando en nós, en todo o equipo de Galén Centro Educativo, para acompañarvos na aventura de medrar cos vosos fillos e fillas, facendo xuntos o camiño (de aí a foto dos seus peíños)
Para as familias que vos incorporades agora, e tamén para as que xa sodes seguidoras, lembrarvos que este blog pretende ser unha vía de comunicación entre o cole e a casa, para que vaiades vendo algunhas das cousiñas que vivimos nas aulas e fóra delas. E dicimos algunhas porque a verdade é que non somos quen de plasmar todo o que nos acontece...son tantas emocións, tantas sensacións e descubrimentos.....
Esperamos os vosos comentarios e aportacións para enriquecer este blog e poder facelo un pouco máis ameno e participativo. Xa sabedes, ao final de cada entrada tedes o espazo para os comentarios
Animádevos que vos esperamos con ilusión!!!
E...claro que si!!! en breve teredes fotos destes primeiros días de cole......estade atentos!!
Benvidos e benvidas ao Blog de Educación Infantil!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
A vosa participación tamén é importante....contade!!