Hai pouco tempo celebramos o magosto no cole. Celebramos que chegou o outono e que con el cambian de cor as follas vellas das árbores (aínda que é curioso ver que non pasa o mesmo con todas elas), e como logo de cambiar de cor, as follas acaban por caer ao chan e con elas as castañas. Estas, xunto co lume, fan posible festexar a colleita que deste froito facemos. Sabiades que magosto quere dicir gran lume?
Logo de explicarlle isto a Robby (el tamén aportou coñecementos, pois a natureza é o seu hábitat), decidimos que nada mellor que saír a facer o que é costume nesta data para entender o seu verdadeiro significado. O tempo, como é propio, foi un tanto chuvioso, pero Robby xa está acostumado. Nós, en cambio, tivemos que nos resgardar cun chuvasqueiro. Tivemos un día memorable, e como sempre queremos compartilo con vós.
Esperamos que vos gusten as fotos e gocedes moito véndoas!
Tivemos un pequeno accidente, pero curámolo axiña!
Un pouco de Dalsy...
Unha tirita...
Unha boa dose de mimo e bicos... e listo!
Feitas as curas, seguimos coa nosa pequena aventura.
One, two, three... twenty-six, twenty-seven... THIRTY-FOUR CHESTNUTS!!
Metemos castañas no bombo...
Démoslles voltas (en realidade só foi media volta, pesa unha barbaridade!)
Bailamos e secámonos a carón do lume...
Non quixemos faltar ao ensaio dos músicos. Foi... incrible!
Vaia instrumento máis raro a zanfona.
E chegou a hora de cantar...
E tamén de ver cantar aos demais. Que ben o fixeron!
E como non, a hora de comer as castañas!
Non podemos esquecer de tirar as mondas ao lixo!
ATA OUTRA!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
A vosa participación tamén é importante....contade!!