Estamos vivindo unha semana de moitas emocións. Por un lado están as festas de San Froilán, que como vos contabamos na entrada anterior, están cheas de actividades para pasar estes días en compaña da familia e amigos.
Pero ademais hoxe no cole tamén pasamos un día moi especial. Tivemos a oportunidade de ver o primeiro concerto que organizou a Escola de Música Cantarela. Nel puidemos ver como algúns dos nenos e nenas máis grandes do cole amosaban o seu bo facer cos distintos instrumentos que están a aprender e todo elo con certa dose de humor. Ademais puidemos coñecer aos mestres e mestras e todos os instrumentos que podemos tocar na Escola.
.
.
Algúns son vellos coñecidos como Oleg, Yideira, Antonio, Mus ou Tania, que é a nosa mestra de Música e Movemento. Tamén puidemos ver a Uxía que é a mestra de Primaria ou ao noso profe de música David. Pero tamén houbo xente que non coñeciamos. Estaban Diego que é o profe de violín e que hoxe tocou a viola, Andrea que é a profe de guitarra e toca xenial e Cristina que toca o violonchelo. Carai menudo instrumento o violonchelo. Que chulada!!!
En fin que todo apunta a que este ano imos ver moi bos concertos en Cantarela e isto foi só o comezo. Por certo todos os papás e mamás estades convidados a estes concertos así que a próxima vez non dubidedes en vir. Paga a pena!!!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
A vosa participación tamén é importante....contade!!