O martes 11 de outubro Robby Rabbit foi ao San Froilán. Díxome que lle encantou a pesar de estar abrumado coa cantidade de xente que había. Ao primeiro quixo marchar, pois non era o ambiente natural ao que está acostumado, pero logo custoulle facelo: non quería ir para a casa ata que despois lle entrou o sono. Fixo tantas cousas, andivo tanto e coñeceu a tanta xente que acabou derrengado. Foron tantas as emocións que, novamente, Robby durmiu como nunca!
Se unha foto di máis que mil palabras, unhas cantas din moito máis. Hai fotos e Robby quere compartilas con vós. Esperamos que vos gusten tanto como a nós. See you soon!