Estes días viñeron á nosa aula a mamá de Mario e a mamá e o papá de Cristian.
A mamá de Mario ensinounos que é unha brúxula, para que serve e ..... como se pode facer unha con material caseiro! Tamén nos dixo que as propiedades dos imáns teñen que ver co magnetismo da Terra. Explicounos cun aparello os movementos da Terra e da Lúa e por que se producen as noites e os días. É un pouco complexo de entender por agora pero vimos cousas marabillosas que quedaron gravadas nas nosas retinas e servirán para que o noso interese científico siga medrando.
Tamén viñeron a mamá e o papá de Cristian. Con eles fixemos un queixo de leite de vaca. Por incrible que pareza para nós foi casi tan pouco familiar a elaboración deste alimento como a comprensión dos fenómenos físicos que nos amosou a mamá de Mario. Moitos de nós nunca tocaramos o leite callado e, menos aínda, probamos o suero. Aprendimos palabras novas que non escoitaramos nunca e repasamos conceptos como sólido ou líquido. Ao final de todo probamos o queixo que estaba boísimo sobre todo con mel e galletas. Despois puxémoslle sal e gardámolo na neveira para que adquirira a textura e a apariencia dun queixo fresco. Compartímolo cos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil e cos profes que quixeron probalo.
Xa participaron outras nais e pais das tres clases de EI. Para nós sempre é unha festa recibirvos ou ir a onde nos invitedes, como cando fumos á casa de Carla e Sara ou á casa de Claudia que visitaremos esta semana.
Animádevos pois, seguro que tedes ideas marabillosas.
Somos Angeles e Alberto (papás de Cristian) e queriamos tranmitir a outras familias e a tí a nosa experiencia coa participación dos nenos e nenas de 3º de E.I.:
ResponderEliminarFoi moi satisfactorio ver como os rapaces gostan de participar nunha tarefa tan sinxela como é facer un queixo e como desexan aprender. Algo que me sorprendeu foi a actitude deles cando Pilar lles propuxo dicir un por un o que aprenderan e o que mais lles gostara. Cando ian falando o resto dos compañeiros mostraban respeto polo que dicía cada un, é algo increible como se expresan e como cada un deles é importante no equipo que forman.
Animamos a todos os papás a participar, é unha experiencia única e gratificante o poder colaborar no desenrolo dos rapaces. Un saudo a todos.
Son amamá de Mario (3º E.I.). Aprobeitando este espazo común que nos brinda o cole quería animarvos compartir unha tarde cos rapaces. Todos e todas teredes seguro algo que compartir con eles, por sinxelo que vos pareza. A miña experiencia foi más que satisfactoria. É incrible o interés que teñen por aprender. Fagamos entre todos que non perdan esa gran curiosidade pola ciencia. Pensemos que so facéndonos preguntas poderemos obter respostas.
ResponderEliminar