Estes días viñeron á nosa aula a mamá de Mario e a mamá e o papá de Cristian.
A mamá de Mario ensinounos que é unha brúxula, para que serve e ..... como se pode facer unha con material caseiro! Tamén nos dixo que as propiedades dos imáns teñen que ver co magnetismo da Terra. Explicounos cun aparello os movementos da Terra e da Lúa e por que se producen as noites e os días. É un pouco complexo de entender por agora pero vimos cousas marabillosas que quedaron gravadas nas nosas retinas e servirán para que o noso interese científico siga medrando.
Tamén viñeron a mamá e o papá de Cristian. Con eles fixemos un queixo de leite de vaca. Por incrible que pareza para nós foi casi tan pouco familiar a elaboración deste alimento como a comprensión dos fenómenos físicos que nos amosou a mamá de Mario. Moitos de nós nunca tocaramos o leite callado e, menos aínda, probamos o suero. Aprendimos palabras novas que non escoitaramos nunca e repasamos conceptos como sólido ou líquido. Ao final de todo probamos o queixo que estaba boísimo sobre todo con mel e galletas. Despois puxémoslle sal e gardámolo na neveira para que adquirira a textura e a apariencia dun queixo fresco. Compartímolo cos compañeiros e compañeiras de Educación Infantil e cos profes que quixeron probalo.
Xa participaron outras nais e pais das tres clases de EI. Para nós sempre é unha festa recibirvos ou ir a onde nos invitedes, como cando fumos á casa de Carla e Sara ou á casa de Claudia que visitaremos esta semana.
Animádevos pois, seguro que tedes ideas marabillosas.