Por fin, despois de tanto tempo con este proxecto, estamos aquí para poder compartir un anaquiño da experiencia durante todo o curso con vós.
A verdade é que preferimos contárvolo agora cara ó final do proxecto en lugar de por partes ao longo do curso para que teñades unha visión un pouco máis completa do que supón traballar por porxectos nas nosas aulas.
O inicio de calquer proxecto ven sempre marcado por un acontecemento ou situación que desperta un interese especial en nós, e comezamos a facernos preguntas, a debater e....en definitiva a poñer a nosa cabeciña a andar.
Neste caso o punto de partida foi Cris, a mamá de Ángel, que cando comezamos o curso démonos conta de que a súa barriga estaba a medrar cada día máis. En canto aparecía na porta da aula para recoller a Ángel todos e todas corriamos a vela. a tocar a súa barrigoliña, a preguntarlle que había dentro, cando sairía o bebé etc......
Así empezou a nosa curiosidade por saber como comía o bebé alí dentro, como podía respirar, si se movía ou non, cando sairía e como, como sería o bebé......
Polo que decidimos recoller nun panel ben grande aquelas cousas das que falabamos constantemente, para así poder recoñecer o que xa sabiamos e o que queriamos saber.

Despois no propio panel fomos engadindo aquelas cousas que traiamos da casa para ir recabando a información: fotos de cando eramos bebés, datos de como, cando, onde nacimos, como eramos cando nacimos....
Durante moitos días escollemos o xogo de bebés nos rincóns de aula e, mirando revistas e buscando imaxes na rede descubrimos unha xenial forma de levar aos bebés, ben pretiño das súas mamás e papás que é como máis lles gusta ir. E practicamos claro que si, aquí nos podedes ver cos nosos portabebés.
Xa vedes que fommos indagando naqueles temas que a nós nos preocupaban, somos nós os que decidimos que rumbo toman as nosas aprendizaxes guiados pola nosa profe.
Tamén fomos recompilando información de moitas e moi variadas fontes: por unha banda as nosas familias nestes proxectos son moi importantes. Elas nos axudan a respostar a moitas das nosas preguntas...quen mellor que elas para contarnos cousiñas de cando nacimos verdade?? Pero tamén nos axudan a buscar información en internet, nos libros e revistas que temos na casa e nas bibliotecas.
No cole tamén fixemos a nosa busca en internet, nas aulas, na biblioteca do centro e na biblioteca Nodal. Toda esa información estivo na aula para seleccionala, clasificala e porcesala.
Os días foron pasando e...por fin chegou o gran día!!!
Con tan só 15 días de vida tivemos na aula unha visita do máis especial: A MAMÁ DE ÁNGEL CO BEBÉ.
Podedes imaxinar o emocionate que foi para nós poder ver, tocar, ulir, sentir a presenza daquel bebé que durante tanto tempo imaxinamos!.
Foi uha tarde moi moi especial. Fixémoslle a Cris un montón de preguntas sobre o nacemento e tamén coidados que un bebé tan pequeniño requiren. E sobre todo admiramos a Daniella, sorprendeunos o seu olor, suavidade da pel, delicadeza...cantas ganas de achuchala.
E esta visita fixo medrar aínda máis se cabe o noso interese e a intensidade do proxecto, xa non só no que se refire ao nacemento dos bebés, senón que quixemos ir recollendo información sobre nós mesmos.
Entre outras cousas chamounos moito a atención o que medramos dende que nacimos. Así que decidimos medirnos agora e así poder comparar co que mediamos cando nacimos. Comparando entre unhas medidas e outras sorprendeunos que a pesares de ser agora bastante distintos en medidas, cando nacimos eramos todos e todas moi parecidos.
E con todas as reflexións e información que fomos recollendo, quixemos facer un libro con aquelas cuestións que nos paeceron máis importantes de como nacimos nós. A súa elaboración foi longa e complexa xa que cada páxina do mesmo requería de nós un proceso de reflexión, selección e reproducción do aprendido importante.
Queremos amosarvos aquí unha das páxinas nas que representamos ás nosas mamás embarazadas. O texto que acompaña a esta ilustración fixémolo no ordenador e despois imprimímolo e recortámolo para editalo.
Con todos os contidos que acordamos que encheriamos, editamos o noso libro e coa axuda duns cartaces que tiñamos de refugallo fixemos as follas nas que pegamos os textos e ilustracións (con diferentes técnicas-debuxo, platilina, collage....) que despois cosimos con cordón de algodón.
Fixemos a portada na que figura o Título (cada un escolleu o seu), autores/as e ilustradores/as así como a Editorial Galén.
E antes de levalos para a casa, quixemos expoñelos no corredor para que os que gustaran puideran botarlles un ollo ás nosas historias
.
E así foi como estivemos nin máis nin menos que 7 meses con este proxecto que tanto tanto nos enriqueceu e no que con tanto gusto estivemos a traballar.
O que vos amosamos aquí é só unha pequena mostra, as verdadeiras aprendizaxes e experiencias as levamos dentro cada un de nós.
Queremos dende aquí agradecer a todas as familias a súa colaboración no proxecto e especialmente a Cris xa que sin a súa implicación todo esto non sería posible. Millóns de gracias!!!