6 de marzo de 2016

PATCH AT LEO´S AND VALERIA´S HOUSE

Hi there!
Estou unha semana máis con vós para contarvos as aventuras do meu amigo Patch na casa dos Dragóns. Esta semana o meu amigo peludiño visitou a Leo, Valeria e ás súas respectivas familias.
O primeiro día, Patch foi con Leo, quen xa tiña moitos plans pensados para facer con Patch. Ao rematar as clases, Leo e Patch merendaron no patio do cole un riquísimo bocata de chourizo e un zanco de polo!Mmmmmmm...delicious! Máis tarde, coas enerxías xa repostas, xogaron un anaquiño  con outros compañeiros e compañeiras e marcharon para a casa.

Collage1
Alí xogaron a moitísimas cousas! Dende a un xogo de coches súper divertido a Star Wars! Sí, sí! E para que o xogo fose aínda  mellor, Leo disfrazouse de Darth Vader!Estaba guapísimo! Foi unha magoa que Patch esquecera o seu traxe na casa pero pasárono tan ben xuntos que o meu amigo peludiño nin se quera se puxo un pouquiño triste!

Pic1

Cando remataron os xogos,e despois de prepararse para a noite que xa se achegaba, tomaron unha saborosa cea e foron soñar...soñar... como di a canción "soñaaaaar, é como voar....."

Collage2


Thank you Leo por coidar tan ben ao meu amigo e facer que o pasara tan ben na túa casa :)

Pero as aventuras de Patch da semana non remataron aquí, xa que ao día seguinte foi visitar a Valeria e á súa familia. E tamén fixeron cousas chulísimas! Este Patch ten unha sorte cós Dragóns....
Despois de despedirse da profe Carmen, foron a unha actividade en Galén super chula: Música en Familia na que participan papás, mamás, avoas e avós....e bailan, cantan, xogan coa música tradicioanl Galega.
 Patch paosuno pipa! Sempre quixera asistir a unha actuación musical e ademais puido participar e bailar con Valeria, Gabriela e os seus papás! Pasárono todos tan ben en familia!

Pic1

Ao rematar a actividade Valeria levou a Patch á súa casa! Alí o meu peludo amigo sufriu un pequeno accidente que  Valeria e a súa mamá souberon solucionar curándoo de seguida e déronlle moitos mimiños para que se sentira aliviado e a gustiño con elas. Unha vez feitas as curas, Valeria e Patch xogaron un pouquichiño con Gabriela, xusto antes de lavar a Patch na lavadora!! Patch pasouno xenial dando unhas voltas tan divertidas e non se mareou nin un chisco!

Collage1

Cara á noitiña, cearon un plato super super rico e foron á camiña non sen antes ler un conto. Xa sabedes o moito que lle gustan a Patch!

Collage2

Ao día seguinte, despois de enfeitarse e poñerse super guapos, subiron ao coche e voltaron ao cole para contarlle a Carmen e ao resto dos Dragóns todas as aventuras que viviran no tempo que estiveron xuntas.
Moitas gracias Valeria por coidar tan ben a Patch e darlle tantos mimos :)
Gracias a todos e todas polo voso cariño e espero poder compartir con vós máis aventuras moi pronto!
See you soon :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

A vosa participación tamén é importante....contade!!